Na Xunta de Galiza os recortes levan un ritmo propio, un
ritmo propio que por desgraza é máis intenso que o doutras Administracións.
Vímolo, por exemplo, cos recortes no complemento específico da paga extra do
2013 e que veremos tamén no 2014 (consonte á lei de orzamentos vixente). Por
outra banda, temos enriba da mesa a proposta de nova lei de función pública de
Galiza, unha lei que afecta a miles de traballadoras e traballadores públicos da
Administración autonómica pero tamén á Administración local e universidades.
Porén, o máis duro desta lei ímolo levar na Administración autonómica xeral
(persoal directivo, concursos específicos, avaliación do desempeño subxectiva,
carreira profesional subxectiva…). |
|
Por outro lado, algo que compartimos todas e todos os
traballadores públicos nesta ofensiva liberal non só son os recortes sobre os
nosos dereitos laborais e a politización da Administración, senón os recortes
sobre os servizos públicos con amortización de prazas e privatización de
servizos. Algo, isto último, que ao final volve como un boomerang afectar aos
nosos dereitos, ao reducir o número de postos dispoñibles, por exemplo, nun
concurso de traslados ou nunha elección de destino. “Polo futuro... defende o público” Esta camiseta supón un NON aos recortes nos nosos dereitos como única solución a todos os males das Administracións públicas e supón un SI a defensa a uns servizos públicos galegos e de calidade. É unha camiseta que podes vestir todos os días pero no que se fai un chamamento especial a levala nas mobilizacións visualizando o que nos une na defensa dos servizos públicos, non só ás traballadoras e traballadores que os facemos posibles, senón tamén á toda cidadanía do noso país. Esta é unha campaña que nace no seo da Comisión da Dignidade do empregada e empregado público formada pola Xunta de Persoal e Comité de Empresa dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza e que ten vocación de ser exportada máis aló do noso ámbito. A talla da camiseta é única (grande) e ten un prezo de 5€. Podes reservala nos locais sindicais dos servizos centrais en persoa, por teléfono ou correo electrónico. http://autonomica.cigadmon.org/w2/novas/novas-territoriais/servizos-centrais/2234-chega-a-marea-azul-a-xunta-de-galiza |
Xornal de Galicia Noticias news actualidad y la información de Galicia, La Coruña.Lugo, Ourense, P :: La actualidad desde la primera hasta la última noticia en el Xornal de Galicia la nueva información
Mostrando entradas con la etiqueta A.Ibérica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A.Ibérica. Mostrar todas las entradas
miércoles, 12 de marzo de 2014
Chega a Marea Azul á Xunta de Galiza, camisteas protesta contra as políticas de Feijóo
Etiquetas:
A.Ibérica,
Comunicados,
Cultura,
Denuncias,
Deportes,
Economía,
Editorial,
Entrevistas,
Galicia,
Internacional,
Marítima,
Nacional,
Opinión,
Reportajes,
Sociedad,
Suplementos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)