A Comparsa de entroido da CIG percorreu de novo San Caetano... até que a botou a policía | |
Un outro ano máis a comparsa da CIG nos Servizos Centrais
percorreu os corredores dos edificios administrativos centrais da Xunta de
Galiza. As compañeiras e compañeiros que formaban a comparsa parodiaron a
personaxes da farándula como a Duquesa de Alba, o ministro do interior, Ana
Botella, Luís Bárcenas ou Rouco Varela e a infanta
Cristina. Tivo cabida tamén algunha parodia con respecto ao aborto na forma de crítica aos procesos de amortización de prazas que está a levar o goberno da Xunta con seguinte lema: “Non ao aborto de prazas de Funcionarios”, “Si á vida dos Servizos Públicos”; así como tamén unha mensaxe coa foto de Gallardón que sinalaba “Defensor dos dereitos do funcionario concebido e non nacido”. Así mesmo, a personaxe que parodiaba ao ministro do interior, levaba un cartaz co lema “Por unhas palizas públicas e de calidade”, Ana Botella ía propoñendo un “Keep calm and relaxing cup of café con leche” e unha outra pancarta coa foto da Ministra de Traballo levaba unha mensaxe que a sinalaba como “Defensora do despedimento de Calidade, Libre e Gratuíto para o Persal Laboral”. O percorrido, logo dun pequeno paseo por San Caetano iniciouse no Rexistro Xeral da Xunta, chegou á cafetaría de San Caetano, continuou pola Área de Benestar dirixíndose logo ás dependencias da Función Pública, no edificio da Presidencia. Este percorrido, na súa totalidade, estivo custodiado e acompañado pola Policía Autonómica (esta non ía disfrazada). Neste último lugar, nas dependencias da Consellaría de Presidencia, a comparsa recibiu a mensaxe clara e contundente dun mando da Policía Autonómica que procedeu a comunicar aos membros da comparsa que había que parar e que non se ía permitir continuar o percorrido carnavaleiro por San Caetano. Logo dunha pequena tentativa de seguir coa actividade festiva e vista a intransixencia do mando da policía, a comparsa decidiu dar por finalizado o percorrido |
Xornal de Galicia Noticias news actualidad y la información de Galicia, La Coruña.Lugo, Ourense, P :: La actualidad desde la primera hasta la última noticia en el Xornal de Galicia la nueva información
martes, 4 de marzo de 2014
Botados de San Caetano pola policía a Duquesa de Alba, o ministro do interior, Ana Botella, Luís Bárcenas ou Rouco Varela e a infanta Cristina
Etiquetas:
A Coruña,
África-Asia,
Alava,
Albacete,
Alicante,
Almería,
América,
Asturias,
Aula-Experiencia,
Chiringuitos,
Corrupción,
Diversidad,
Energías,
Eurocultura,
Farándula,
Jurídico,
Lenguas,
Mundo Celta,
Salud,
Universidades
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Serápor que teñen medo a que coman o que estan comendo eles
ResponderEliminar