miércoles, 5 de marzo de 2014

A ASOCIACIÓN DE PERIODISTAS DE SANTIAGO CRITICA O INTENTO DO P ARTIDO POPULAR DE CENSURAR Á PRENSA



A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) considera inaceptable a actitude do Alcalde de Santiago, Anxel Currás, de tentar influír na xuíza que leva o “caso Pokemon”, Pilar de Lara, para que tome medidas contra algúns medios e xornalistas que levan a cabo as labores informativas deste caso. Esta actitude foi contestada pola propia xuíza nunha providencia -que cita hoxe un diario galego- na que di que “non é da súa competencia realizar ningunha labor de depuración da prensa”. De Lara considera que deben conxugarse o secreto sumarial e os fins da investigación “co dereito e incluso deber de informar que teñen os medios”.
A APSC estima acertada a resposta da xuíza Pilar de Lara e lémbralle ao Alcalde de Santiago que “a liberdade de prensa é un dereito constitucional e propio dunha democracia desenvolvida, exenta de censura”. Segundo a APSC “os contidos das informacións son responsabilidade dos xornalistas e dos editores dos medios, nunha gradación que está establecida polos códigos deontolóxicos da profesión. Se o Alcalde de Santiago se sinte ferido –engaden dende a APSC- por informacións que lle afectan e/ou considera que son falsas, dispón de procedementos legais para denuncialas, como calquera cidadán”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario