O Concello de Mondoñedo co patrocinio da Área de Cultura da
Deputación Provincial de Lugo, co afán de estimular a creación poética entre os
mozos/as, convoca o XV Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores.
PRIMEIRA.
Poderán optar ó premio tódalas persoas,
de idade non superior a trinta anos, calquera que sexa a súa nacionalidade.
SEGUNDA.
Os poemas serán orixinais e inéditos,
escritos en galego, non premiados noutros concursos en data anterior ó fallo do
Xurado. O incumprimento dalgunha destas condicións nas obras premiadas
significaría a anulación das adxudicacións, procedendo o Xurado a formular de
novo as propostas de adxudicación ou declarado deserto o premio.
TERCEIRA.
As composicións terán unha extensión
máxima de 150 versos, o tema e o metro queda a elección do compositor.
CUARTA.
Deberán presentarse tres orixinais en
tamaño DIN A4 mecanografados a dobre espazo.
QUINTA.
Os orixinais non poderán ir asinados nin levarán inscrición
algunha que puidera suxerir o nome do autor, sendo presentados cun lema e
título.
En sobre aparte e cerrado, constará o
lema e o título no exterior, e no interior o nome e apelidos do autor,
domicilio, teléfono, poboación de residencia, declaración formal de que a obra
é inédita, fotocopia do DNI polas dúas caras ou no seu defecto fotocopia do
libro de familia na folla correspondente á persoa que se presenta a concurso e
incluirase tamén unha breve nota biográfica do autor e o título do poema.
O Xurado poderá eliminar por defecto de
forma as obras presentadas que non se axusten ó disposto nesta base.
SEXTA.
O prazo de admisión de orixinais remata
o día 11 de xullo do ano 2014, considerándose incluídas neste prazo as obras
que enviadas por correo ostenten o mataselos de orixe con esta ou anterior
data.
As obras deberán enviarse ó seguinte enderezo:
Concello de Mondoñedo
Praza do Concello, 1
27740 Mondoñedo (Lugo)
Coa indicación:
XV Premio de Poesía Díaz Jácome para
novos creadores.
SÉTIMA.
O Xurado que estará composto por tres
persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario, emitirá o seu fallo en
novembro de 2014.
A decisión do Xurado darase a coñecer
nos distintos medios de comunicación e a mesma será comunicada ós autores
seleccionados mediante correo certificado.
A entrega do premio terá lugar nun acto
público organizado polo Concello de
Mondoñedo no mes de decembro.
No caso de que as obras presentadas non
acadasen o nivel esixible a xuizo do Xurado para a obtención dos premios ou non
tivesen a categoría suficiente, poderán declararse desertos.
OITAVA.
Este concurso consta de tres premios:
Primeiro premio: 1.500 Euros, Placa e
Diploma.
Segundo premio: 600 Euros, Placa e Diploma.
Terceiro premio:
300 Euros, Placa e Diploma.
NOVENA.
Os orixinais que obteñan premio pasarán
a integrar o fondo do patrimonio da Biblioteca Pública Municipal Pena Trapero
de Mondoñedo, podendo ser editadas pola mesma ou polo Concello de Mondoñedo,
sen necesidade do permiso do autor ou autores, aínda que sempre se terá en
conta que nunca perderá os seus dereitos.
DÉCIMA.
O importe do premio enténdese íntegro
e, polo tanto, suxeito a retencións a conta, derivadas da aplicación do imposto
sobre a renda das persoas físicas.
UNDÉCIMA.
As obras non premiadas serán destruídas
xunto ás plicas, non admitíndose peticións de devolución.
DUODÉCIMA.
O fallo do Xurado é inapelable, os
concursantes aceptan integramente estas bases así como canta decisión adopte o
Concello de Mondoñedo para que as mesmas poidan ser interpretadas e aplicadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario