miércoles, 12 de marzo de 2014

Botados de San Caetano pola policía a Duquesa de Alba, o ministro do interior, Ana Botella, Luís Bárcenas ou Rouco Varela e a infanta Cristina

A Comparsa de entroido da CIG percorreu de novo San Caetano... até que a botou a policía
Un outro ano máis a comparsa da CIG nos Servizos Centrais percorreu os corredores dos edificios administrativos centrais da Xunta de Galiza. As compañeiras e compañeiros que formaban a comparsa parodiaron a personaxes da farándula como a Duquesa de Alba, o ministro do interior, Ana Botella, Luís Bárcenas ou Rouco Varela e a infanta Cristina.




Tivo cabida tamén algunha parodia con respecto ao aborto na forma de crítica aos procesos de amortización de prazas que está a levar o goberno da Xunta con seguinte lema: “Non ao aborto de prazas de Funcionarios”, “Si á vida dos Servizos Públicos”; así como tamén unha mensaxe coa foto de Gallardón que sinalaba “Defensor dos dereitos do funcionario concebido e non nacido”.




Así mesmo, a personaxe que parodiaba ao ministro do interior, levaba un cartaz co lema “Por unhas palizas públicas e de calidade”, Ana Botella ía propoñendo un “Keep calm and relaxing cup of café con leche” e unha outra pancarta coa foto da Ministra de Traballo levaba unha mensaxe que a sinalaba como “Defensora do despedimento de Calidade, Libre e Gratuíto para o Persal Laboral”.




O percorrido, logo dun pequeno paseo por San Caetano iniciouse no Rexistro Xeral da Xunta, chegou á cafetaría de San Caetano, continuou pola Área de Benestar dirixíndose logo ás dependencias da Función Pública, no edificio da Presidencia. Este percorrido, na súa totalidade, estivo custodiado e acompañado pola Policía Autonómica (esta non ía disfrazada).




Neste último lugar, nas dependencias da Consellaría de Presidencia, a comparsa recibiu a mensaxe clara e contundente dun mando da Policía Autonómica que procedeu a comunicar aos membros da comparsa que había que parar e que non se ía permitir continuar o percorrido carnavaleiro por San Caetano. Logo dunha pequena tentativa de seguir coa actividade festiva e vista a intransixencia do mando da policía, a comparsa decidiu dar por finalizado o percorrido

No hay comentarios:

Publicar un comentario