|
A Comparsa de entroido da CIG percorreu de novo San
Caetano... até que a botou a policía |
|
Un outro ano máis a comparsa da CIG nos Servizos Centrais
percorreu os corredores dos edificios administrativos centrais da Xunta de
Galiza. As compañeiras e compañeiros que formaban a comparsa parodiaron a
personaxes da farándula como a Duquesa de Alba, o ministro do interior, Ana
Botella, Luís Bárcenas ou Rouco Varela e a infanta
Cristina.
Tivo cabida tamén algunha parodia con respecto ao
aborto na forma de crítica aos procesos de amortización de prazas que está a
levar o goberno da Xunta con seguinte lema: “Non ao aborto de prazas de
Funcionarios”, “Si á vida dos Servizos Públicos”; así como tamén unha mensaxe
coa foto de Gallardón que sinalaba “Defensor dos dereitos do funcionario
concebido e non nacido”.
Así mesmo, a personaxe que parodiaba
ao ministro do interior, levaba un cartaz co lema “Por unhas palizas públicas e
de calidade”, Ana Botella ía propoñendo un “Keep calm and relaxing cup of café
con leche” e unha outra pancarta coa foto da Ministra de Traballo levaba unha
mensaxe que a sinalaba como “Defensora do despedimento de Calidade, Libre e
Gratuíto para o Persal Laboral”.
O percorrido, logo dun
pequeno paseo por San Caetano iniciouse no Rexistro Xeral da Xunta, chegou á
cafetaría de San Caetano, continuou pola Área de Benestar dirixíndose logo ás
dependencias da Función Pública, no edificio da Presidencia. Este percorrido, na
súa totalidade, estivo custodiado e acompañado pola Policía Autonómica (esta non
ía disfrazada).
Neste último lugar, nas dependencias da
Consellaría de Presidencia, a comparsa recibiu a mensaxe clara e contundente dun
mando da Policía Autonómica que procedeu a comunicar aos membros da comparsa que
había que parar e que non se ía permitir continuar o percorrido carnavaleiro por
San Caetano. Logo dunha pequena tentativa de seguir coa actividade festiva e
vista a intransixencia do mando da policía, a comparsa decidiu dar por
finalizado o percorrido |
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario