viernes, 7 de marzo de 2014

OS SOCIALISTAS REXEITAN O ENGANO DE FEIJÓO AOS GALEGOS POR MANTER NO SEU CARGO AOS EDÍS DE SANTIAGO DESPOIS DE ASEGURAR QUE LLES OBRIGARÍA A DIMITIR


 

“No pleno do Parlamento, garantizou que os imputados que tiveran que enfrontarse a un xuízo oral terían que irse e agora di que hai outros asuntos que lle preocupan máis”, afirma Pilar Cancela

 

O PSdeG lembra tamén os casos do delegado da Xunta en Ourense, RogelioMartínez, ou do alcalde de Xinzo, con sentenzas na súa contra pero que permanecen no seu posto

 

Santiago, 6 de marzo de 2014. Os socialistas galegos rexeitan o engano á cidadanía do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que mantén no seu posto aos sete edís de Santiago que terán que enfrontarse a un xuío oral despois de asegurar que lles obrigaría a dimitir.

“Temos un xefe de Goberno que a semana pasada garantizou no Parlamento que os políticos do seu partido imputadose que tiveran que ir a xuízo oral terían que deixar os seus cargos, pero agora cambia de opinión e afirma que lle preocupan máis outros asuntos”, afirma Pilar Cancela, secretaria de Organización do PSdeG.

Ademáis, os socialistas lamentan que o presidente da Xunta fale de “informes favorables” para que os sete edís tomaran a decisión de pagar o avogado de Adrián Varela, cando a xuíza considera que prevaricaron porque se saltaron a Lei, xa que o secretario do Concello sinaloulles que só podían tomar esa decisión si cumpríanas directrices do Tribunal Supremo, algo que non sucedeu.

“Feijóo aplica os códigos éticos segúnlle convén, e temosmáisexemplos como o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, ou o alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, con sentenzas en firme nasúa contra pero que continúan no seuposto”, afirma Cancela.

“A postura do Partido Socialista é moi clara con respecto a este tema. Calquera militante que sexadetido por un caso de corrupción e se lleimpoñan medidas cautelares por parte da autoridadexudicial, será apartado inmediatamente, como tamén pasa no caso de que teña que enfrontarse a un xuízo oral”, engade a secretaria de Organización do PSdeG.

No hay comentarios:

Publicar un comentario