Tras unha xuntanza co Sindicato Labrego Galego o 26 de febreiro, e trala comparecencia diante da Comisión de Agricultura do Parlamento do 28 de febreiro, a Xunta teima en propor como única solución a subscrición de seguros que non están adaptados á realidade galega | |
Dende o SLG explicóuselle a Patricia Ulloa a vella problemática de que o meirande das liñas de seguro para o agro non están adaptadas á realidade galega e que, por esta razón, son moi poucas as explotacións que os contratan. A pesares diso, dende a Consellaría de Medio Rural non deron o brazo a torcer e negáronse a crear unha partida orzamentaria para apoiar ás explotacións que sufriron os estragos dos temporais. Patricia Ulloa remitiu calquera posible axuda directa ás que vai poñer en marcha o Ministerio de Agricultura e que só beneficiarán a unha listaxe de concellos afectados e a casos moi restrinxidos que, con toda probabilidade, se limitarán aos costeiros e se esquecerá do meirande dos estragos acontecidos no interior e no rural. O único positivo que se tirou desta xuntanza foi o compromiso da directora xeral de traballar novas propostas de seguros agrarios para Galiza no futuro e de estudar a posibilidade de dar preferencia ás explotacións damnificadas á hora de conceder as axudas dos plans de mellora, sempre e cando o orzamento non chegue para atender tódalas solicitudes. O resto das propostas do Sindicato Labrego Galego perdéronse en respostas vagas e sen concreción ningunha. Para o responsable da Dirección de Horta, Froita e Flor do SLG, a fraca reacción da Consellaría de Medio Rural supón un desprezo total polo campo e polos labregos e labregas. “Vemos nos titulares dos medios de comunicación axudas para recompoñer paseos marítimos ou obras que se fan sen sentido, quitándolle ao mar un espazo natural que despois recupera; e para o campo, para asegurar a produción de alimentos en Galiza, nada de nada”, critica Miguel Méndez. Para este labrego de Vedra “está ben que nos reciban, mais a Consellaría terá que comezar a facer algo de política e non deixarnos á marxe de todo. É moi difícil que o rural se recupere e que a xente moza vexa o campo como un lugar de traballo con futuro, cando recibimos este desprezo total por parte das institucións”. Finalmente, Miguel Méndez considerou que “darnos os seguros como saída aos danos dos temporais, cando saben que non hai pólizas contratadas, é o mesmo que mandarnos producir a Marte. Non hai seguros contratados, polo que só nos queda facerlle fronte ás perdas as propias persoas que as sufrimos, sen capacidade financeira para facelo ou, simplemente, contar os días que nos restan como activos agrarios”. Méndez recordou que os problemas das nosas explotacións “non son cousa só dos labregos e labregas. Son un problema de toda a sociedade galega, e teremos que implicarnos en defender o futuro das fincas agrarias se non queremos, dentro de pouco, ser completamente dependentes de fóra para alimentarnos”. |
Xornal de Galicia Noticias news actualidad y la información de Galicia, La Coruña.Lugo, Ourense, P :: La actualidad desde la primera hasta la última noticia en el Xornal de Galicia la nueva información
martes, 4 de marzo de 2014
Rosa Quintana Carballo, Conselleira de Medio Rural da Xunta de Galicia abandona á súa sorte ás explotacións damnificadas polos temporais, mostrando desprezo absoluto polo rural galego.
Etiquetas:
A Coruña,
África-Asia,
Alava,
Albacete,
Alicante,
Almería,
América,
Asturias,
Aula-Experiencia,
Chiringuitos,
Corrupción,
Diversidad,
Energías,
Eurocultura,
Farándula,
Jurídico,
Lenguas,
Mundo Celta,
Salud,
Universidades
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario