martes, 4 de marzo de 2014

Remata o prazo para presentar candidaturas ao Premio José Couso


Ás 20:00 horas de mañá, mércores 5 de marzo, remata o prazo para presentar candidaturas á X Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), o Club de Prensa de Ferrol e a Obra Social ‘la Caixa’.


Calquera colexiado ou colexiada do CPXG ou socia ou socio do Club de Prensa de Ferrol pode entregar unha proposta. Igualmente, calquera persoa ou organización vinculada ó xornalismo está facultada para facer chegar a súa candidatura. O envío de candidaturas, con argumentación e currículum vitae, realizarase ao seguinte correo electrónico: premiocouso@xornalistas.com.



Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
xornalistas@xornalistas.com
www.xornalistas.com
Tel. 981 93 56 70
Fax 981 93 56 69

No hay comentarios:

Publicar un comentario